Historia y Geografía - Historia de la Literatura


Descripción clases de Historia: enfoque histórico, xeográfico e artístico. Continuaremos co percorrido onde deixamos o curso pasado (2025-2026). O novo curso será para os séculos XV-XVI:

  • Descubrimento e conquistas das terras americanas (Norte e Sur)
  • Consolidación das Monarquías modernas europeas
  • As novas rutas comerciais e o dominio do Atlántico 
  • Unha nova era cultural: o Humanismo e o Renacemento

O programa abordará, con especial detalle os acontecemntos da historia de Galicia nese mesmo tramo temporal, analizando en profundidae a súa vinculación e perfecta sintonía cos demais feitos coetáneos a nivel peninsular e mundial


Horario Historia: viernes, de 11:00 a 12:00 h.

Horario Historia das Relixións e Mitoloxías: viertes de 12:00 a 13:00h

Horario Clube de Lectura: miércoles de 17:00 a 18:00h 


CLUB DE LECTURA "UN MES UN LIBRO"

Propostas literarias interesantes para gozar da lectura a ritmos cómodos.

Dous encontros ao mes.

• Primeiro encontro do mes: presentación do libro proposto cunha guía para a súa mellor comprensión e gozo, co contexto da obra e do autor, e as claves de lectura a ter en conta...

• Segundo encontro do mes: posta en común para reflexionar sobre a lectura en cuestión, ampliar cuestións que estean a chamar a nosa atención, intercambiar impresións...

Encontro resumo co balance da nosa lectura, análise final e presentación do seguinte libro. 

Grandes historias cun fondo humano e social de gran calado que

tratan temas que hoxe nos interpelan aínda e resultan de actualidade.

Cun ollar moi noso:

Este Clube prestará unha atención moi especial á literatura Galega de todos os tempos, celebrando a riqueza das nosas letras e descubrindo tanto as grandes obras clásicas como as novidade de hoxe en día.

Coa axuda económica de: 

******************************************************************************



Share this post!

Bookmark and Share

0 comentarios:

Publicar un comentario